Case o 88% dos que responderon á enquisa publicada na web do Xornal da Estrada mostráronse en contra da construcción da fábrica de Altri en Galicia. Só o 7,4% mostrouse a favor e, o 4,63%, afirmou non ter unha opinión ao respecto.
Ademais, un 91,6% afirmou estar preocupado polos posibles efectos que poida ter a fábrica no Ulla. Un 4,8% dixo estar un pouco preocupado e, un 3,6%, non estar preocupado.
Imaxe de portada:
Manifestación en Palas de Rei contra Altri (26/5/2024) // Plataforma Ulloa Viva

Deixar un comentario