Radio Estrada emitirá un especial pola Sidra

Radio Estrada emitirá un especial pola Sidra

Radio Estrada emitirá un programa especial desde a Feira da Sidra, que se celebra este sábado. O programa estará en antena desde as 11.00 ás 13.30h e realizaráse desde a Praza do Concello, lugar onde se celebrarán os principais actos do evento.

No especial intervirán políticos e sidreiros locais e, ademais, faránse entrevistas sorpresa. Poderáse escoitar no 107.7 da Frecuencia Modulada e na súa web: www.radioestrada.com.


Imaxe de portada:
Cartaz do especial // cedida

Comentarios

Deixar un comentario