Camiñata contra un novo macroproxecto eólico

Camiñata contra un novo macroproxecto eólico

A mediados de maio facíase público un novo proxecto de parque eólico que afectaría ao concello da Estrada. Co proxecto, chamado Xubrintas, instalaríanse 10 aeroxeradores dentro dos límites do concello e, pese a que a empresa non o cita de forma directa no seu informe, afectaría ás bestas da Rapa.

Por iso, a Rapa das Bestas, Alarma Terra de Montes, a Asociación de Veciños de Sabucedo, o Colectivo do Vento e O Eido do Cervo organizaron unha camiñata para mostrarse en contra do eólico.

Sairá o sábado 8 de xuño ás 9.30h desde o Teleclube de Sabucedo e dirixiránse ao Peón, lugar onde se xuntan as bestas para a Rapa. Alí leráse un manifesto. O percorrido terá unha lonxitude de 9 quilómetros.


Imaxe de portada:

Parque eólico do Monte Cabalar // Arquivo

Comentarios

Deixar un comentario