Por 5000 litros máis

Por 5000 litros máis

A Estrada celebrou este sábado unha nova edición da Feira da Sidra, onde se escanciaron 5000 litros desta bebida. Nunha repleta Praza do Concello, as esceas de brindis e de xente comendo, bailando e degustando a sidra – sumada á dalgún vaso roto – foron a tónica xeral dunha existosa edición.

Posible reubicación

Radio Estrada emitiu un especial sobre a feira desde a Praza do Concello. Alí, Óscar Durán informaba de que está sobre a mesa a posibilidade de que en vindeiras edicións o evento se traslade á Praza da Feira para poder acoller a máis xente e máis sidererías, pois cada vez hai máis interesadas en participar.

Comentarios

Deixar un comentario