Este domingo unhas 50 persoas foron de excursión ca Fervenza de Ouzande. Os excursionistas saíron en autobús da Igrexa de Ouzande. En Pontedeume fixeron unha parada para tomar café e continuaron ata Estaca de Bares. Despois, visitaron a vila do Barqueiro e o “banco máis bonito do mundo”, que se atopa en Loiba.
Comeron nas proximidades de Ortigueira e despois visitaron a vila que cada ano acolle un exitoso festival. Tras isto, dirixíronse a San Andrés de Teixido, a onde xa poden dicir que foron de vivos.
Tamén se aproveitou a excursión para anunciar que o sábado 22 ás 21.00h celebrarán no Campo da Festa de Ouzande a Festa Fin de Curso dos seus cursos de baile, canto e música. Ese día tamén se poñerán á venda as camisetas e bolsas de tea deseñadas por Rosa de Cabanas.












Deixar un comentario