Este mércores ás 19.00h terá lugar na ponte medieval de Pontevea un acto reivindicativo contra o proxecto de Altri en Pontevea e que, segundo algunhas asociacións, terá graves consecuencias no río Ulla.
Neste acto, organizado polo colectivo A Ulla Viva, leráse o manifesto. Coincide que este mércores tamén se celebra o Día Mundial do Medio Ambiente.
Ademais, ás 20.00h terá lugar no local do Centro Cultural A Ponte Vella (Lugar A Ribeira Nº39, Teo) unha asemblea na que se integrará á Estrada dentro do colectivo, proporánse accións e falaráse de vindeiras mobilizacións.
Imaxe de portada:
Multitudinaria manifestación en Palas de Reis contra Altri // Plataforma Ulloa Viva


Deixar un comentario