Este mércores o MOME acolleu o mitin do BNG para as eleccións ao Parlamento Europeo do vindeiro domingo. No acto participaron Xoán Reices, concelleiro na Estrada; Ariadna Fernández, deputada, e Xosé Luís Rivas “Mini”.
Desde o BNG mostraron o seu compromiso contra o proxecto de Altri en Palas de Rei. Fernández afirmou que o PP quere destruír a “grande potencialidade” de Galicia con “proxectos propios do século XIX”.
Pola súa parte, Reices asegurou que “os veciños e veciñas non podemos ficar impasíbeis ante a grave ameaza que supón a megacelulosa de Palas de Rei para o noso río” e que o 9 de xuño é a oportunidade de mostrar a oposición á fábrica.
Polo mesmo camiño opinou Mini, que dixo “que votar BNG este 9 de xuño, é votar non á megacelulosa de Altri, e por iso pido transformar o malestar social existente en votos para o BNG. Cantos máis votos teña o BNG, menos votos terá o PP e Altri”. Ademais, cantou unha copla sobre Altri.


Deixar un comentario