Este venres a AE League, unha competición de futsal para a xuventude, fixo o sorteo dos grupos da fase clasificatoria, que se celebrará do 17 ao 24 de xuño.
Nesta edición, 10 dos 20 equipos xogan por primeira vez. O primeiro grupo é o que máis equipos descoñecidos na competición ten (4), seguido do segundo grupo (3), cuarto grupo (2) e terceiro grupo (1).
Será neste último onde xogue o campión da pasada edición, Los Xavales. Nese mesmo grupo atópase Plaza 4K, equipo ao que derrotaron en semifinais, e o Shakhtar Portela, a quen derrotaron na fase de grupos.
| Grupo 1 | Grupo 2 | Grupo 3 | Grupo 4 |
|---|---|---|---|
| Garretillo FC (estréase) Soldadores Real Rubín (estréase) SD Picaflautas (estréase) Inter de Compostela (estréase) | Racing Padronés Princesitas FC (estréase) Vodka Juniors Inter Parroquial (estréase) Porcos FC (estréase) | SD Cabras Montesas (estréase) Carneiros Plaza 4K Los Xavales Shakhtar Portela | Inter de Campelo Catania FC Unión FS Moraña FC (estréase) Castro FC (estréase) |


Deixar un comentario