Preto das 23.30h deste xoves o 112 era alertado dun incendio nunha casa en Vinseiro. Cando chegaron os efectivos de Emerxencias, as dúas persoas que se atopaban no seu interior xa saíran e, os medios desprazados, extinguiron o lume, retiraron un coche que ardera na pranta baixa e realizaron tarefas de ventilación da vivenda.


Deixar un comentario