No pleno deste xoves o BNG presentou unha moción para instar á Xunta a declarar a Rapa das Bestas como Ben de Interese Cultural Inmaterial (BICI). “Non se entende o voto en contra do PP á urxencia para tratar a moción, baixo escusa de ‘está feito’, cousa que é evidente que non, de feito o anuncio da Xunta é de setembro de 2023, e a día de hoxe non hai noticias desta declaración”, comentou Xoán Reices.
Reices afirmou entender que o PP da Estrada non pode estar supeditado aos intereses políticos do PP da Xunta”, pero que “é importante darlles un tirón de orellas, porque a ameaza do parque eólico de Xubrintas está aí, e esta declaración BICI pode ser clave para paralizalo”.
A moción de urxencia presentada polos nacionalistas instaba á Xunta de Galicia a incoar de maneira inmediata o procedemento para a declaración da Rapa das Bestas de Sabucedo como Ben de Interese Cultural Inmaterial, pero foi rexeitada polo pleno.
Imaxe de portada:
Eólico do Cabalar // Arquivo

Deixar un comentario