A participación ás 14 horas cae un 9% na Estrada

A participación ás 14 horas cae un 9% na Estrada

A participación ata as 14.00h nas eleccións europeas foi do 27,14% na Estrada, 9,13 puntos menos que nos comicios de 2019, cando coincidira coas municipais. Sen embargo, se o comparamos coas europeas de 2014, a participación a esa hora é 5,85 puntos maior.

Esta é a tónica xeral nos comicios: na provincia de Pontevedra foi do 26,74% (-6,95 respecto a 2019, +5,51 respecto a 2014), en Galicia do 26,47% (-6,45 respecto a 2019, +5,57 respecto a 2014) e, no conxunto do Estado español, do 28,01% (-6,73 respecto a 2019, +6,78 respecto a 2014)

Comentarios

Deixar un comentario