Este martes péchanse as inscricións para a primeira edición da Ruta Cabalar de Codeseda. Celebraráse o vindeiro sábado na Carballeira da parroquia. A ruta sairá ás 15.30h desde ese punto para percorrer 25 quilómetros.
Ademais, haberá hinchables, unha cea, sorteos e verbena a cargo do dúo Pachi Show. Se só se participa na ruta, o prezo de inscrición será de 5 euros e, se tamén se cea, será de 17 euros para os menores de 15 anos e de 35 para o resto.
As inscricións pódense facer no Hotel A Estrada Rooms, no Café Bar Caminho da Geira ou chamando ao 644 786 149 ou ao 667 818 869.

Deixar un comentario