O PP, rei da Estrada, de España e de Europa

O PP, rei da Estrada, de España e de Europa

O PP gañou na Estrada, en España e en Europa. Comezando polo concello, o PP conseguiu case a metade dos votos. O PSOE perdeu máis do 6% deles, e o BNG aumentou nesa mesma porcentaxe. Pola súa parte, VOX aproximouse ao 3% dos votos.

España

O PP apoia a Feijóo e a Dolors Montserrat // PP

En España, ademais da victoria do PP, hai outros titulares: Podemos sigue vivo, algo que non lle pasa a Ciudadanos e Se Acabó la Fiesta, a formación de Alvise Pérez, conseguiu 3 escanos.

O PP conseguiu 10 escanos máis que hai 5 anos, mentras que o PSOE mantívose. VOX confírmase na terceira praza, con 6 escanos, 3 máis que nas últimas europeas. Sumar, Agora Repúblicas e Se Acabó la Fiesta empatan a 3.

Cabe pararse nesa última formación. Se Acabó la Fiesta está chamada a convertirse nun partido que remate irrumpindo con forza na política española, e faríao ao máis puro estilo Podemos. O éxito de Se Acabó la Fiesta basearíase na forma de comunicar de Alvise, que aproveita o poder das redes sociais e o cansanzo da cidadanía coa clase política.

“Feijóo a la Moncloa”

A euforia no PP chegou ao punto de que os presentes fixeron unha completa lectura nacional dos comicios e comezaron a corear “Feijóo presidente” e “Feojóo a la Moncloa”.

Caos en Europa, estabilidade no Parlamento

As eleccións en Europa levaron ao caos: en Francia Emmanuel Macron adiantou as eleccións lexislativas despois dos malos resultados que lle outorgaban as proxeccións ao seu partido.

En Bélxica, o Primeiro Ministro tamén anunciou unha convocatoria electoral. O seu partido sufría unha auténtica debacle tanto nas europeas como nas nacionais, que se celebraban simultáneamente. Bélxica é un país no que os gobernos fanse por coalicións que, habitualmente, tardan varios meses en conformarse.

Polo demais, no Parlamento Europeo non se prevén grandes cambios, pois o PPE, os Socialistas e Demócratas e Renovar Europa terían, unha lexislatura máis, a maioría absoluta. Por iso, agárdase que Ursula Von der Leyen continúe sendo a Presidenta da Comisión Europea.

Comentarios

Deixar un comentario