López Bueno sobre a política de vivenda protexida: “enterra as opcións de vivenda pública na Estrada”

López Bueno sobre a política de vivenda protexida: “enterra as opcións de vivenda pública na Estrada”

María Martínez Allegue, Conselleira de Vivenda e Infraestruturas, anunciou que haberá un novo plan de vivendas protexidas que só se levará a cabo nas cidades.

Luis López Bueno, líder do PSOE na Estrada, considerou que este anuncio supón “moi malas novas para A Estrada” dado que “enterra as opcións de vivenda pública na Estrada”.

Que ata 2028 se vaian a adquirir terreos e que a partir dese ano se leve a cabo o desenvolvemento supón, segundo o socialista, que o concello teña inversión a curto prazo.

Para López Bueno esta política “está sendo un lastre para gañar veciños e veciñas”, porque se lle suma que “na Estrada temos un problema serio coa vivenda, hai moi pouca oferta de aluguer e de venda”.

Bota en falta que os alcaldes da Estrada e de Lalín, ambos do Partido Popular, non reaccionaran ao anuncio e pediulle a Gonzalo Louzao “unha política de vivenda que axude a resolver esta situación”.

López Bueno comentou que, con dito anuncio, a Xunta demostra non entender a situación dos concellos do interior e que prohibiu “que A Estrada recupere algunha das 4.000 vivendas baleiras que xa hai construídas no noso concello”.

Comentarios

Deixar un comentario