Alejandro Penas, Aaron Rey, Manu Miguez e Pedro Rey, do Club Bádminton A Estrada, desprazáronse esta fin de semana ata Xixón para desputar o TTR que se celebraba na cidade asturiana.
Aaron Rey fíxose co ouro no individual populare en dobres masculinos formando parella con Alejandro Penas. Foi o propio Alejandro quen conseguiu o terceiro ouro ao gañar en individual A1.
En individuais, Pedro Rey caía na primeira ronda, pero Manu Miguez chegaba a oitavos. Nos dobres formaron parella e chegaron á cuarta posición.
Experiencia internacional
Pola súa banda, Iziar Barcala e Rubén Comerón desprazáronse ata El Campello (Alacant) para participar no Spanish Junior Internacional 2024.
Comerón participaba nos dobres con Raúl Bergua, xogador do Ravachol, pero perdían na primeira ronda. Pola súa parte, Barcala tamén perdía na primeira ronda nos mixtos, nos que formaba parella con Bergua. Na mesma ronda caía nos dobres femininos, nos que formaba parella coa tamén xogadora do Ravachol Carmen Carro. Na categoría individual chegou ata a oitava ronda.
Imaxe de portada:
Aaron Rey e Alejandro Penas en Xixón (esquerda) e Iziar Barcala e Rubén Comerón en Alacant (dereita) // Club Bádminton A Estrada

Deixar un comentario