A estradense Tereixa Constenla presenta un libro sobre a Revolução dos Cravos

A estradense Tereixa Constenla presenta un libro sobre a Revolução dos Cravos

A xornalista estradense Tereixa Constenla presentará este venres no MOME o seu libro Abril é un país, da man da editora Kalandraka. Na presentación, que comezará ás 20.00h, estará acompañada pola cantante galega Uxía.

En Abril é un país combina a investigación documental coa entrevita a moitos dos protagonistas da Revolução dos Cravos, achega aos lectores aos “heroísmos descoñecidos” deste evento no que se fixou todo o mundo e repasa as claves duns acontecementos que lograron derrocar o réxime ditatorial de Salazar.

Tereixa Constenla é correspondente do xornal El País en Lisboa desde xullo de 2021 e recibiu o Premio Unicaja de Artículos Periodísticos de 2013. Abril é un país é a súa segunda obra, despois de que en 2021 publicara Cuaderno de urgencias.


Imaxe de portada:

Tereixa Constenla co seu libro Abril é un país // Kalandraka

Comentarios

Deixar un comentario