O corpo calcinado en Santa Cristina corresponde ao dun coñecido estradense

O corpo calcinado en Santa Cristina corresponde ao dun coñecido estradense

Pouco despois das 14.00h un veciño alertaba de que estaba saíndo fume desde unha parcela en Santa Cristina de Vea. Ata o lugar desprazábanse tres axentes, dúas brigadas e dúas motobombas.

Durante as labores de extinción, que remataron sobre ás 15.00h cunhas 0,01 hectáreas queimadas, atoparon o corpo calcinado dun home, polo que requeriron a presenza da Garda Civil e da Policía Local.

O falecido sería un estradense de 75 anos, que foi o último propietario do Bar Aturuxo, na Zona dos Viños. Era o propietario da finca, na que estaría queimando uns cartóns cando o lume descontrolouse, previsiblemente, a causa dos refachos de vento.

El tería intentado controlar as lapas, pero foi alcanzado por elas, segundo as hipóteses iniciais, pois atopáronse os restos dunha garrafa na zona na que foi atopado o seu corpo.

Lembre que as queimas de restos agrícolas están prohibidas e que se ve un incendio pode chamar ao 085, un teléfono gratuíto.


Imaxe de portada:
Incendio en Santa Cristina de Vea // TVG

Comentarios

Deixar un comentario