As inscricións para os 3×3 de fútbol e de baloncesto e para a Festa da Bicicleta que, como un ano máis, celebraránse durante as festas do San Paio, foron abertas.
O 3×3 de fútbol celebraráse o mércores 26 de xuño na Alameda. A inscrición pode realizarse a través do correo aestrada.futsal@gmail.com ata o 21 de xuño.
A competición estará dividida en tres categorías: benxamín/alevín (10.00h), infantil/cadete (10.00h) e xuvenil/senior (16.00h). En cada categoría pode haber un máximo de 12 equipos.
Exceptuando a categoría xuvenil/senior, na que haberá que depositar unha fianza de 20 euros, as inscricións serán gratuítas.
No caso do 3×3 de baloncesto, a competición terá lugar o venres 28 na Alameda e as inscricións estarán abertas ata o 25 de xuño. Serán gratuítas e, para poder efectualas, haberá que enviar un correo a edmaestrada@gmail.com.
Estará dividido en tres categorías: benxamín/alevín (10.00h), infantil/cadete (10.00h) e resto de categorías (16.00h). En cada equipo pode haber un máximo de 4 xogadores.
O regulamento das dúas probas está dispoñible na web do Concello.
O xoves 27 ás 11.00h celebraráse a Festa da Bicicleta, que terá como lugar de saída e de chegada dos diferentes roteiros o Novo Mercado. Para os menores de 14 anos será de 800 metros e, para os maiores, de 5 quilómetros.
As inscricións realizaránse no correo deportes@aestrada.gal ata o 24 de xuño. Todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa e repartiránse trofeos á familia máis numerosa, ao participante de maior idade, á bicicleta máis antiga e á bicicleta máis orixinal.


Deixar un comentario