Un dos detidos en 2022 volve a ser detido noutra operación antidroga

Un dos detidos en 2022 volve a ser detido noutra operación antidroga

A Estrada volveu a ser escenario dunha operación antidroga na tarde deste mércores. A Garda Civil de Lalín levou a cabo dúas detencións e rexistros en dúas vivendas do concello, concretamente nunha de Matalobos e noutra de Tabeirós.

As detencións levadas a cabo tiveron que ver co tráfico de drogas e co branqueo de capitais. Un dos detidos xa fora detido en 2022 noutra operación antidroga, na que se realizaran rexistros en Matalobos e na Bandeira.

O detido foi trasladado aos calabozos da benemérita en Lalín e este venres será posto a disposición do Xulgado Número 2 da Estrada.


Imaxe de portada:
Vivenda na que se realizaron rexistros e detencións // Google Street View

Comentarios

Deixar un comentario