Iziar Barcala e Rubén Comerón revalidan o título de campións galegos

Iziar Barcala e Rubén Comerón revalidan o título de campións galegos

A Estrada poderá presumir un ano máis de que ten dous Campións Galegos de bádminton na categoría sub19: Iziar Barcala e Rubén Comerón.

No Campionato Galego, que se celebrou este sábado en Teixeiro (A Coruña), Barcala conseguiu o ouro nos dobres femininos e na categoría individual. Pola súa parte, Comerón conseguiuno nos dobres mixtos e quedou en segunda posición nos dobres masculinos.

Menos sorte tiveron Pedro Rey e Darío Miguez. Na categoría individual Rey caía na primeira ronda e Miguez, en cuartos. Ambos formaron parella nos dobres masculinos, onde perderon na primeira ronda.


Imaxe de portada:
Barcala e Comerón coas súas medallas // Club Bádminton A Estrada

Comentarios

Deixar un comentario