“Pisko” Ventín gaña por primeira vez o RallyMix da Sidra

“Pisko” Ventín gaña por primeira vez o RallyMix da Sidra

“Pisko” Ventín gañou por 4,3 segundos o RallyMix da Sidra nunha apaixoante xornada. “Pisko” arrancaba a xornada como líder, pero na primeira pasada da xornada rompía un palier e Javier Martínez Carracedo colocábase líder a máis de 20 segundos de “Pisko”.

Cando todo parecía decidido, o Rallymix aínda tiña gardada outra sorpresa máis: Martínez sufría unha picada na última pasada que facía que perdera moito tempo e, consecuentemente, o liderato. Finalmente, quedaba 4,3 segundos por debaixo de “Pisko” Ventín, que se convertía no gañador da proba.

A clase B tamén deixou sorpresas: trala primeira pasada do día todo parecía indicar que os irmáns Iglesias vencerían na categoría dado que avantaxaban a Francisco Dorado e a Andrea Lamas en 31,5 segundos.

Pero na última pasada conseguían remontar os 31,5 segundos e avantaxar aos irmáns Iglesias en 367 milésimas, que lles bastaron para gañar a proba.

Comentarios

Deixar un comentario