O Xornal da Estrada presentou a súa reportaxe Adolescentes galegofalantes, especie en perigo de extinción?, na que se dan a coñecer os resultados dunha enquisa levada a cabo nos IES Manuel García Barros e Número 1.
Nesa enquisa desvélase que o 19% dos adolescentes da Estrada falan en galego e, un 13,2%, máis en galego ca en castelán. Pola outra banda, os que falan máis en castelán ca en galego supoñen o 39,3% da mocidade estradense e, os que falan en castelán habitualmente, o 27,2%.
Algo que contrasta co uso que fan as familias do galego: no 34,8% delas falan sempre ou case sempre en galego, no 20,7% máis en galego ca en castelán, no 22,5% máis en castelán ca en galego e, no 18,2%, sempre ou case sempre en castelán.
Na enquisa tamén foron preguntados polo uso que fan da lingua dentro do centro educativo, polas canles de televisión, emisoras de radio e xornais que coñecen e con que frecuencia se informan a través deles e pola creación de contido en galego.
Pode consultar os resultados completos a seguir:

Deixar un comentario