Dous vehículos bateron este domingo ao redor das 17.30h na PO-841 á altura da gasolineira SBC despois de que un deles se saltara o STOP na saída de dita estación de servicio. A acompañante dun dos vehículos tivo que ser trasladada ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.
Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061 e da Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea.
Imaxe de portada:
Vehículos sinistrados // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea


Deixar un comentario