Accidente e saída de vía en San Andrés de Vea

Accidente e saída de vía en San Andrés de Vea

A EP-8401 ao seu paso por San Andrés de Vea foi escenario dunha saída de vía e dun accidente que se produciron sobre as 19.40h deste luns.

A saída de vía produciuse no quilómetro 1,900, un punto no que habitualmente se producen as saídas de vía. 100 metros antes unha furgonete e un camión bateron nun sinistro no que só houbo que lamentar danos materiais.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Emerxencias de Cuntis, da Garda Civil de Tráfico de Pontevedra, da Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea e de Grúas Foxomotor.


Imaxe de portada:
Saída de vía (esquerda) e accidente (dereita) en San Andrés de Vea // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea

Comentarios

Deixar un comentario