O IES Número 1 presentará unha nova edición da Revista Viva ‘Nós de Nós’ e un libro de Xurxo Souto

O IES Número 1 presentará unha nova edición da Revista Viva ‘Nós de Nós’ e un libro de Xurxo Souto

Anacos Educativos recibirá o IX Premio IES-G

Este martes ás 17.00h o Teatro Principal acollerá a presentación da VIII Revista Viva ‘Nós de Nós’, do IES Número 1. O alumnado conducirá un acto que terá como fíos condutores a música, o teatro, a narración oral, a literatura, a lingua e varios recoñecementos.

Ao longo deste poderánse escoitar as historias de Celso Fernández Sanmartín, o achegamento de Xurxo Souto a Luísa Villalta e as músicas de Á Par do Canto. Amais, haberá varias actuacións do alumnado e faráse entrega dos premios de xadrez, literarios e audiovisuais entre o alumnado do centro.

Outro dos galardóns que se vai entregar é o Premio IES-G, que nesta ocasión recoñece a labor levada a cabo por Anacos Educativos fomentando o emprego do galego a través das súas campañas conmemorativas polo 8M, polas Letras Galegas e polo Orgullo LGBT, entre outras.

O último evento da xornada terá lugar ás 20.00h na Casa das Letras, onde o centro educativo, en colaboración coa Asociación Cultural Vagalumes, presentará o libro Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta, de Xurxo Souto. O autor estará presente no acto.


Imaxe de portada:
IES Número 1 // XAÉ

Comentarios

Deixar un comentario