Este luns comezou a segunda edición da AE League, na que se comezou a definir as clasificacións da fase de grupos.
A competición comezaba cunha goleada de Garretillo a Soldadores por 7 goles a 2. Desta forma, Garretillo colocábase como líder do grupo 1 na súa estrea na competición.
O seguinte partido en xogarse era o que enfrontaba ao Real Rubín con Picaflautas. O partido comezou igualado, con vantaxe para o Rubín, pero na segunda metade o Picaflautas púxose por diante ata deixar o marcador nun 3-6.
Similar resumo se pode facer do encontro entre o Plaza 4K e o Shakhtar Portela, que comezou co Portela adiantándose no marcador e rematou cun 6-2 no marcador a favor do 4K
O Coto Ferreiro foise caldeando co Vodka Juniors – Porcos FC. A tensión marcou un partido no que nos segundos finais rematou habendo unha liorta e varios cartóns vermellos. O penalti final a favor do Vodka colocou deixou o resultado nun 6-6.

O último partido da xornada enfrontou a Catania co Castro. Durante a primeira parte o marcador mantívose igualado, co Castro sempre por debaixo, pero unha segunda parte desastrosa para o Castro fixo que o Catania gañara por 15 goles a 6, converténdose na maior goleada do que vai de AE League.
Na Segunda División, Cabestros gañoulle 0-13 a Salmonetes e, Suínos, 2-3 ao Rayo Vaticano
Imaxe de portada:
Plaza 4K – Shakhtar Portela // XAÉ

Deixar un comentario