O BNG reaccionou ao anuncio de que na reforma da Farola non se esixirá que se instale unha farola ou fonte. Mostraron a súa oposición a dita reforma e a que, se se leva a cabo, o espazo perda o elemento que lle dá nome.
Desde o partido cren que “o actual aspecto ten relativamente poucos anos de construción, e na vila, hai outras rúas e outros espazos que merecen tamén unha atención por parte do goberno municipal, que centra todas as súas actuacións nun único punto, a Rúa Calvo Sotelo”.
Opinan que o PP “leva anos destruíndo a alma da nosa vila” e puxeron como exemplo a reforma da alameda, que se retirara a pérgola, que a día de hoxe continúa tirada na parte traseira da Fundación de Exposicións e Congresos; a demolición dos edificios “que dotaban de carácter e beleza á nosa vila” ou a construcción da nova Praza de Abastos.
Desde o partido comentaron que, pese a que camboiu o alcalde, non cambiaron “as políticas historicidas dun partido, o PP, empeñado en destruír calquera vestixio do pasado, da nosa historia e da nosa tradición” e concluíron que “son peor que Terminator”.
Imaxe de portada:
A Farola // Arquivo XAÉ


Deixar un comentario