O segundo día da fase de grupos deixounos novas goleadas: o Cabras Montesas – Carneiros remataba 14-3 e o Real Rubín – Inter de Compostela 4-16. Grazas a estes resultados colocáronse líderes dos seus respectivos grupos.
Este martes o vixente campión, Los Xavales, xogou o seu primeiro partido, do que saíu vitorioso contra o Plaza 4K cun 5-6 no marcador final.

O Racing Padronés gañoulle 7-5 ao Princesitas e colocouse como líder do grupo 2. O Inter de Campelo venceu 10-6 a Catania, que continúa de líder de grupo.
Na edición junior, Suínos gañoulle por 11 goles a 3 a Bellacas, converténdose no novo líder da competición.
Imaxe de portada:
Plaza 4K – Los Xavales // XAÉ


Deixar un comentario