O Concello da Estrada, o EDM A Estrada e o Obradoiro CAB e a súa fundación asinaron na mañá deste mércores un convenio de colaboración para que aumente o número de participantes neste deporte no concello.
Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, afirmou que este convenio “supón unha gran noticia” no marco da estratexia do Concello de apoio ao deporte e ás escolas deportivas locais e que “busca reforzar ao club e o baloncesto na nosa cidade”.
Alfonso Sanmartín, presidente do EDM A Estrada, mostrou a súa ledicia por unir os camiños dos clubes estradense e compostelán e comentou que “é un orgullo” firmar dito convenio e “darlle unha utilidade ás instalacións que temos aquí”.
Héctor Galán, director xeral do Obradoiro, “para nós é un pracer, como club, colaborar coa promoción, o apoio e o soporte das actividades deportivas que hai no concello” e agardou que esta relación sexa benficiosa.
Pepe Casal, presidente da Fundación Obradoiro, fixo referencia a un ex-xogador local: “falar de baloncesto, aquí, é falar de Sanmartín que é, foi e segue a ser unha referencia en toda Galicia”. Informou de que teñen como obxectivo “axudar na formación de adestradores e incentivar ao club, porque queremos sumar” e de cal é o seu gran obxectivo:
“Axudar a incentivar, en todo o que poidamos, o baloncesto feminino, é o noso obxectivo prioritario. Se podemos conseguir que o número de rapazas que queira empezar na práctica do baloncesto será fenomenal“
Pepe Casal, presidente da Fundación Obradoiro
Imaxe de portada:
Firma do convenio // A Estrada Deporte


Deixar un comentario