París de Noia e Capitol, pratos fortes da Virxe dos Remedios da Somoza

París de Noia e Capitol, pratos fortes da Virxe dos Remedios da Somoza

Esta fin de semana A Somoza celebrará a Festa na honra da Virxe dos Remedios e de San Antón.

A festa comezará este venres ás 20.00h cunha festa infantil. Ás 22.00h haberá unha degustación gratuíta de sardiñas e mexillóns, que estará acompañada da música do Grupo Folclórico Hai que Roelo e do dúo Punto Zero.

O sábado ás 10.00h oficiaráse unha misa rezada e, ás 13.30h, unha misa solemne cantada pola Coral de San Pedro de Ancorados. Ao remate desta, a Banda Municipal da Estrada amenizará a sesión vermú. O prato forte da festa será a verbena a cargo de París de Noia e Capitol.

O domingo oficiaráse ás 13.30h unha misa solemne e, ás 14.00h, haberá unha sesión vermú coa música do grupo Os Ke Hai.

Comentarios

Deixar un comentario