A terceira xornada de partidos da AE League deixounos novas goleadas: o Porcos gañáballe 3-10 ao Princesitas e, o Inter de Campelo, 8-1 ao Unión. Pola súa parte, o Garretillo fíxose coa victoria ante o Picaflautas grazas aos 13 goles a 4 conseguidos.
O Racing Padronés conseguiu os tres puntos grazas ao resultado de 6 goles a 4 acadado fronte ao Inter Parroquial. Los Xavales, vixente campión da competición, empatou a 4 fronte ao Cabras Montesas.
Na edición junior da competición, Jarrulos venceu 3-11 a Salmonetes e, cabestros, 12-1 ao Rayo Vaticano.
Imaxe de portada:
Racing Padronés – Inter Parroquial // AE League / Captura de pantalla


Deixar un comentario