Un ano máis, Dinamizaestrada organizou nos colexios e institutos da Estrada sesións de gravación do informativo Dinamiza TV. Nel, o alumnado preparou os guións, presentou o informativo e as súas diferentes seccións e axudaron na montaxe do decorado, na iluminación e na gravación do son e do vídeo.
Fixérono baixo as ordes dos seus mestres e de Lucas Terceiro e de Paula Cereixo, que se encargaron da edición dos informativos.
Nos informativos contan eventos do seu centro, explican como xogar a algún xogo popular, falan de Luísa Villalta, recomendan algún libro, fan un clube da comedia e entrevistan a algún persoeiro.
Pode ver os informativos de cada centro a seguir:
CEIP PÉREZ VIONDI
CEIP FIGUEIROA
IES Nº1
CEIP CABADA VÁZQUEZ
IES MANUEL GARCÍA BARROS
CEIP VILLAR PARAMÁ
LOURDES
CEIP OCA
IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ:
CEIP DO FOXO
Imaxe de portada:
Presentadores do informativo do Pérez Viondi // Concello da Estrada / Captura de pantalla

Deixar un comentario