Este sábado ás 21.00h A Fervenza de Ouzande porálle punto e final ás súas clases de música, baile e canto nunha foliada no Campo da Festa da parroquia.
A foliada comezará coas actuacións do alumnado e continuará coa música de Pedras Miúdas (Lires, Cee) e Sonche Lerias (San Xián de Sales, Vedra). Desde A Fervenza de Ouzande animan a que, se algún dos asistentes quere, leve os seus propios instrumentos.
Ademais, poñeránse á venda as camisetas e bolsas da Fervenza de Ouzande deste ano, que foron deseñadas por Rosa de Cabanas.


Deixar un comentario