Xavales iguala a maior goleada da AE League

Xavales iguala a maior goleada da AE League

Pouco a pouco a fase de grupos da AE League vai chegando ao seu fin e as clasificacións xa se van definindo. Á vez, Los Xavales igualou o récord de maior diferencia de goles nun partido da AE League.

O primeiro partido enfrontaba a Soldadores co Real Rubín, un encontro que gañaba o segundo cun resultado de 2-6 ao seu favor. O Princesitas facía o propio fronte ao Inter Parroquial co 9-5 que marcaba o marcador no momento do pitido final. Racing Padronés e Vodka Juniors enfrontábanse nun partido no que os de Padrón vencían 8-1.

O grupo 3, coñecido como o “grupo da morte” asistía á súa particular loita polo liderato: o Cabras Montesas vencía ao Plaza 4K cun marcador final de 7 goles dos monteses fronte aos 3 do 4K e, Los Xavales, vencía 2-23 a Carneiros, igualando a maior diferenza de goles nun partido da competición.

A xornada pechábana un Inter de Campelo que quería deixar case asegurado o seu pase directo a cuartos de final e un Moraña que se estreaba. A sorte non foi da man do equipo morañés, pois perdeu por 12 goles a 4.

O 4K publicaba pouco despois da medianoite do xoves unha publicación na súa conta de Instagram co cancelo . En declaracións ao Xornal da Estrada, afirmaban que “a partir deste hashtag van cambiar moitas cousas na liga” e mostraron a súa esperanza en que a arbitraxe do seu encontro fora “totalmente limpo e transparente”, desde o máximo respeto á AE League, coa que afirmaban non querer problemas. Este desexo debíase a que era “un partido crucial para 4K”.


Imaxe de portada:

Cabras Montesas – Plaza 4K // AE League / Captura de pantalla

Comentarios

Deixar un comentario