ENTREVISTA| Gonzalo Pose: “Somos o que somos grazas aos estradenses”

ENTREVISTA| Gonzalo Pose: “Somos o que somos grazas aos estradenses”

Varios meses despois de recibir o Premio á Mellor Hamburguesa de España, conversamos cun dos seus creadores, Gonzalo Pose.

Argentinos Burguer “foi a primeira hamburguesería que houbo na Estrada e, de por sí, unha das primeiras hamburgueserías que houbo en Galicia”, comentou. E foi posible porque na Arxentina, de onde son orixinarios Sindo Pose e Marta Ventura – fundadores do negocio -, xa existían este tipo de establecementos pero, en Galicia, apenas había.

Foron as súas orixes no que se inspiraron para crear a Old School 1980, hamburguesa que foi galardoada como a mellor de España. Esta hamburguesa manteráse na carta, como mínimo, durante o ano ao que están obrigados polo campionato e, despois, “xa veremos”.

A participación no concurso foi de “participar por participar” dado que “trae moitos clientes”, pero non pensaron na posibilidade da vitoria ata que clasificaron como os mellores de Galicia pero, aínda así, “non o esperas”.

Tras recibir o premio, chegaron os recoñecementos, como o Salmón de Ouro. E iso foi posible, entre outros motivos, a que, os pais de Gonzalo Pose, “conseguiron abrirlle a mente a moitas persoas” grazas ás súas cartas.

Sobre o apoio dos estradenses dixo non estar sorprendido porque “o apoio dos estradenses sempre estivo ahí e somos o que somos grazas a eles”.

Pode ver a entrevista completa no vídeo que abre esta noticia.


Imaxe de portada:
Gonzalo Pose durante a entrevista // XAÉ

Comentarios

Deixar un comentario