Hugo Suárez e Blanca Fernández vencen na proba raíña da Estranoite

Hugo Suárez  e Blanca Fernández vencen na proba raíña da Estranoite

Carla Ron e Óscar Amado fixérono nos 4K

Na noite deste sábado celebrábase polas rúas da Estrada a XI edición da Estranoite. 420 atletas participaban nalgunha das diferentes categorías existentes.

No caso da proba raíña, os 8K, Hugo Suárez marcaba o mellor tempo tras parar o crono en 25′ 26″. 56 segundos máis tarde chegaba Jordi Carrasco e, a 1′ 27″ do campión, Ricardo Fontes.

No caso das mulleres, o mellor tempo era o de Blanca Fernández, que cruzou a meta tras estar correndo 31′ 32″. A 38 segundos chegaba Alba Isorna e, 3′ 05″, a estradense Rocío Carbia.

Por categorías, Samuel Fernández foi o mellor sub20 cun tempo de 31′ 51″. Seguírono Hugo López (+5′ 04″) e Alejandro Bragaña (+11′ 18″).

Na categoría senior masculina, a vitoria recaeu en Adrián Picallo (27′ 59″) e, despois del, chegaron Francisco Varela (+36″) e David Hermo (+1′ 49″). María Mendez gañou a senior feminina cun crono de 38′ 32″ e, na clasificación, seguírona Yolanda Alburquerque (+1′ 55″) e Noelia Sampayo (+2′ 05″).

Ao podio da master A masculina subiron Diego Godoy (28′ 49″), Adrián Castroagudín (+2″) e Luis Rosende (+1′ 13″) e, ao da master A feminina, Shaila Muñiz (36′ 44″), Chus García (+11″) e Raquel Salgueiro (+13″).

No caso da master B masculina, o podio estivo formado por Manuel Vieites (28′ 18″), Pablo Luengo (+2′ 29″) e Juan Iglesias (+2′ 57″) e, no da master B feminina, por Isabel Sáez (34′ 53″), Vanesa Insaurralde (+3′ 38″) e Celina Rodríguez (+12′ 27″).

Semahegn Alonso venceu na categoría sub23 masculina. David Expósito quedou segundo e, Fernando Assier de Oliveira, terceiro. No caso das féminas, gañou Io Elena Rodríguez e, un segundo máis tarde, cruzou a meta Carlota López.

Na sub18 masculina o triunfo foi para Saúl Alcalde, o segundo posto para Pedro Coutinho e, o terceiro, para Manuel Sampayo.

A mellor estradense foi Nuria Villalta, seguida de Clara Torres e de Mavi Herrera. No caso dos homes estradenses, o mellor foi Gabriel Carvalhais, seguido de Marcos Otero e de José Carlos Hervés.

Óscar Amado vencía nos 4K cun tempo de 15′ 01″. 38 segundos despois chegaba José Manuel Miranda e, a 1′ 01″ do vencedor, Eloi Sanmartín. No caso das mulleres a vitoria recaeu na sub18 estradense Carla Ron, que marcou un tempo de 19′ 30″, que avantaxou en 1′ 53″ á segunda clasificada, Mon Constenla, e en 2′ 11″ a María del Carmen Rodríguez.

Categorías escolares

O podio da sub16 masculina quedou conformado por Enrique Magariños, Iago Mosquera e Nicolás Lorenzo e, o feminino, por Noa Barros, Carla Pintor e Ainhoa Santiago.

Na sub14 feminina vencía Paula Pose e acompañábana no podio Emma Fernández e Noa Rey. No caso dos rapaces, Xoel Otero quedaba primeiro; Mauro Míguez, segundo, e Boel Rivadulla, terceiro.

A sub12 masculina gañábaa Nicolás Amado, seguido de Xan Vilas e de Martiño Vázquez e, a feminina, gañábaa Deva Pallás e acompañábana no podio, Sofía Diz e María Pose.

O podio da sub10 femina quedou formado por Carla Noya, Carlota Luengo e Sofía Marque e, o da sub10 masculina, por Borja Suárez, Xoel Caneda e Pepe Pose.

Outros premios

O mellor equipo foi o Atletismo A Estrada e, o premiado de maior idade, Antonio Óscar Constenla.


Imaxe de portada:
Hugo Suárez chegando á meta // XAÉ

Comentarios

Deixar un comentario