Este martes arrancan oficialmente as Festas do San Paio. Faráno ás 10.00h, coas habituais bombas de palenque. O primeiro acto das festas será o pasarrúas a cargo da charanga Tíralle do Aire, que comezará ás 11.30h.
Ás 12.30h, Lito Garrido e César Romero, cantantes de Panorama e Cinema, sairán ao balcón do Concello para dar o pregón. Media hora máis tarde daráse o foguetazo de inicio e brindaráse con sidra local.
Ás 14.00h comezará a primeira das novidosas sesións vermú, que será a cargo do dúo Punto Zero no aparcadoiro do Invictus. Ás 17.00h a charanga Tíralle do Aire volverá a desfilar polas rúas da vila.
Ás 19.00h, os bailaríns de Stradanza farán unha exhibición acompañados por Lil Kits, os gañadores da última edición de Got Talent e, unha hora máis tarde, comezarán os concertos: Doctor Zaius (20.00h, Zona dos Viños), Broken Peach (21.30h, A Farola), The Rapants (23.00h, Praza do Concello) e Galilea (00.30h, Porta do Sol) animarán as horas grande do primeiro día de festa.
Imaxe de portada:
Arcos lumínicos en Calvo Sotelo durante a Estranoite // XAÉ

Deixar un comentario