Os líderes políticos explicarán as súas propostas para o antigo Centro de Saúde

Os líderes políticos explicarán as súas propostas para o antigo Centro de Saúde

O Xornal da Estrada publicará este luns ás 20.00h na súa canle de YouTube un vídeo no que os principais líderes políticos da Estrada explicarán as súas propostas sobre que facer co antigo Centro de Saúde e como proceder para poder empregalo.

Os políticos participantes son: Gonzalo Louzao (PP), Luis López Bueno (PSOE), Xoán Reices (BNG) e Mar Blanco (MÓVETE). As súas intervencións teñen unha duración máxima de 3 minutos e foron gravadas polo seu partido.

Comentarios

Deixar un comentario