Marcos Magán e a Panorama porán o broche de ouro ao día grande do San Paio

Marcos Magán e a Panorama porán o broche de ouro ao día grande do San Paio

Este mércores é o día do patrón da Estrada: San Paio e, por iso, a axenda vén cargada de eventos, que comezarán ás 10.00h. As bombas de palenque marcarán o incio dun programa especial de Radio Estrada desde Calvo Sotelo. Ás 11.00h fará o propio o pasarrúas da Banda Cultural da Estrada e, media hora máis tarde, o da charanga MIL 9. Á mesma hora arrancará o torneo de fútbol 3×3 na Alameda e, ás 12.30h, oficiaráse unha misa rezada.
Ás 13.00h, a Banda Cultural dará un concerto na Alameda e, unha hora despois, haberá unha sesión vermú a cargo de Los Chiky’s na aparcadoiro do FROIZ.
Xa á tarde, a charanga MIL 9 volverá a percorrer as rúas da vila. Ás 17.30h retomaráse o torneo de fútbol 3×3. A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense dará un concerto ás 19.00h e, tres cuartos de hora máis tarde, comezará un desfile da Banda Militar da Brilat que percorrerá o casco urbano estradense desde o Concello ata a Igrexa.
Este será o preludio da misa na honra do patrón e da procesión, na que participarán a Banda de Música Militar da Brilat e a Banda Cultural da Estrada. Ao remate dos oficios, a primeira dará un concerto.

Ás 21.30h a Escola Latexo Percusión actuará na Porta do Sol. Media hora máis tarde haberá un pasarrúas a cargo da charanga Támega e, ás 23.00h, comeza a gran verbena co DJ Marcos Magán na Farola e coa orquestra Panorama no Concello.


Imaxe de portada:

Pregón do San Paio 2024 // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario