A Estrada ten unha estrela que se dou a coñecer o pasado domingo na TVG. Trátase de Triana, bailarina de SondoDance que participou no programa Xuntos en directo e no que conseguiu pasar a primeira fase do concurso Xuntos quero ser artista.
Nas semifinais enfrontouse a Sohemi Crew, un grupo de pais de Teis (Vigo). Pili Pampín, presidenta do xurado, aseguraba que “os dous merecían estar na final”, pero finalmente os que acadaron o pase foron os vigueses, aínda que desde o xurado tamén apuntaban que Triana “é unha estrela”.
Pero a esperanza non se pode perder, pois pode que a estradense sexa repescada, algo que todos agardamos. Iso si, teremos que agardar ata setembro.


Deixar un comentario