Deporte e música no terceiro día de San Paio

/

Este xoves é o terceiro día de festa e o segundo festivo. Como xa é habitual, comezará coas bombas de palenque ás 10.00h, abrindo así a recollida de dorsais da Festa da Bicicleta, cuxos percorridos comezarán a percorrerse ás 11.00h. Tamén ás 11.00h iniciaráse o pasarrúas da Banda Municipal da Estrada, media hora máis tarde faráo o da charanga Os Jalaicos e, ás 12.00h, o da Banda de Gaitas San Xoán de Páramos (Tui). Esta última agrupación dará un concerto ao remate do pasarrúas na Porta do Sol e, a partir das 13.30h, a Banda Municipal dará outro na Alameda.

Amais da Festa da Bicicleta, a xornada deixarános máis actos deportivos: ás 12.00h a Escola de Esgrima da Estrada fará unha exhibición na Praza de Concello e, SondoDance, faráo ás 19.30h na Alameda.

Pero antes diso, ás 14.00h o dúo Punto Zero amenizará a sesión vermú na Rúa do Muíño e, ás 17.00h, a charanga Os Jalaicos volverá a percorrer as rúas do casco urbano.

Ás 20.00h será a misa polo Santísimo, que será cantada pola Coral Polifónica Estradense e, a procesión, acompañada pola Banda Municipal da Estrada e pola Banda de Gaitas de San Xoán de Páramos.

A verbena, que comezará ás 22.30h, correrá a cargo do grupo Assia e da orquestra América.


Imaxe de portada:
Procesión coa Brilat // O Xornal da Estrada

Últimas noticias