GALERÍA| Arrancan cinco días de troula na Estrada

GALERÍA| Arrancan cinco días de troula na Estrada

Este martes arrancaron as festas na honra do patrón da Estrada: San Paio. Fixérono co pregón de Lito Garrido e de César Romero, cantantes da Panorama e de Cinema, respectivamente.

E aínda que non o poida parecer, ambos teñen relación co concello, como lembraron no seu pregón. O primeiro en falar desa relación foi Lito, que recordou que o primeiro grupo profesional no que estivo foi Solano, unha agrupación estradense que, á súa vez, estaba moi vinculado a Juan Pardo. Despois, foi na orquesta Estrellas Azules, da que lembrou unha anécdota de como lle romperan o trombón a un músico.

Pola súa banda, a historia de César é moito máis recente. Remóntase ao ano 2013, cando o fichou a orquesta Cinema, na que tocaba naquel momento Carlos Barruso, músico falecido no 2019.

Ademais, ambos agradeceron á comisión. Lito comentou que esta “é unha das festas máis grandes” e, César, que “xa non hai festas como estas” nas que hai “cinco ou seis días de festa con actos desde ás dez da mañá”.

Despois, Manolito Gañete lanzou o foguetazo que marcou, oficialmente, o incio das festas.

Comentarios

Unha resposta a “GALERÍA| Arrancan cinco días de troula na Estrada”

  1. Avatar de O Obradoiro Carlos Barruso, Cinema e Juan Pardo amenizarán a verbena deste venres no San Paio – O Xornal da Estrada

    […] e, ás 22.30h, será Cinema quen poña a música. Cabe lembrar que Carlos Barruso tocou en Cinema, como recordou César Romero no pregón. Por último, ás 00.00h terá lugar o tributo a Juan Pardo na Praza do Concello, no que cantarán […]

    Gústame

Deixar un comentario