O Obradoiro Carlos Barruso, Cinema e Juan Pardo amenizarán a verbena deste venres no San Paio

O Obradoiro Carlos Barruso, Cinema e Juan Pardo amenizarán a verbena deste venres no San Paio

Este venres xa non será festivo, pero si día de festa. Como de costume, as bombas de palenque darán inicio á xornada ás 10.00h e, á vez, comezará o 3×3 de baloncesto.

Ás 11.00h, a Banda Municipal de Agolada percorrerá as rúas estradenses e, media hora máis tarde, faráo a charanga NBA, que estará acompañada polo xogante Barriga Verde. Ás 13.30h, a primeira das agrupacións dará un concerto na Alameda. A nota final da mañá musical daráa Wyygga na sesión vermú na Zona dos Viños.

A tarde estará adicada aos máis pequenos da casa: desde as 17.00h haberá hinchables na Praza do Concello, ás 18.30h comezará a representarse a obra Isaura e Tristán. Contahistorias diante da sala Abanca e, ás 20.00h, terá lugar a Festa da Espuma na Praza do Mercado.

Aínda que teremos outros eventos: ás 17.00h retómase o 3×3 de baloncesto, desde as 17.30h a charanga NBA volverá a percorrer o casco urbano e, ás 19.30h, haberá música flamenca na Zona dos Viños.

A verbena promete ser emotiva: ás 21.00h a Big Band Obradoiro Carlos Barruso dará un concerto na Porta do Sol e, ás 22.30h, será Cinema quen poña a música. Cabe lembrar que Carlos Barruso tocou en Cinema, como recordou César Romero no pregón. Por último, ás 00.00h terá lugar o tributo a Juan Pardo na Praza do Concello, no que cantarán Antonio Barros e Lis Pardo.


Imaxe de portada:

Lito Garrido e César Romero no pregón // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario