Se na primeira edición Los Xavales vencía na final ao Inter de Campelo, na presente edición foi ao revés. O Campelo clasificábase á final tras vencer 14-5 ao Garretillo e, Xavales, tras a súa vitoria 8-4 ante o Porcos.
Deste xeito reeditábase aquela emocionante final do 2023, pero cun resultado e un vencedor diferente. Neste 2024 quen gañou foi o Inter de Campelo e fíxoo cun resultado final de 9 goles a 4.
Na edición junior, Cabestros venceu nunha axustada final contra Suínos, que rematou 3-4.
Remata así a segunda edición dunha competición que se comeza a asentar na Estrada, atraendo a clubes doutros concellos. Esa é unha das vitorias que tivo a organización; a outra, conseguir sacar adiante a competición nun ano no que se enfrontaron a unha proba que, ao igual que a moitos mozos e mozas da súa idade, marcará parte do seu futuro.
Imaxe de portada:
Final da AE League // AE League / Captura de pantalla


Deixar un comentario