Toedo celebrará as súas festas patronais esta fin de semana

Toedo celebrará as súas festas patronais esta fin de semana

Aínda que xa rematou o San Paio, as festas patronais non paran no concello. Este venres arrancarán en Toedo as Festas na honra de San Pedro e do Santísimo Sacramento.

O venres será a II Festa do Costillar de Tenreira, na que se servirán pinchos, costillar de tenreira con ensalada e patacas e sobremesa. Casa Gañete será quen os sirva, por un prezo de 28 euros ou de 10 euros no caso dos menores de 10 anos. As entradas poderán retirarse na Carnicería Codesido, no Restaurante Regenjo, na Taberna Aurora, no Bar O Rollo e na Comisión. A noite estará amenizada polo dúo Punto Cero.

O sábado oficiaráse unha misa na honra de San Pedro cantada polo Coro Parroquial de Santa Cristina de Vea ás 13.30h. A Banda Municipal da Estrada encargaráse do pasarrúas, do concerto e da sesión vermú.

O domingo, último día das festas, celebraráse unha misa, tamén cantada polo Coro Parroquial de Santa Cristina de Vea, na honra do Santísimo Sacramento ás 13.30h. Tamén haberá un pasarrúas, un concerto e unha sesión vermú a cargo da Banda de Gaitas de Barbude.

Comentarios

Deixar un comentario