As obras da autovía vistas desde o aire

As obras da autovía vistas desde o aire

Gonzalo Louzao supervisou unha voadura

Con algo máis do 12% das obras de ampliación da AG-59 ata Pontevea executado, estánse levando a cabo voaduras coa finalidade de retirar as zonas rochosas que non se dan escavado.

Actualmente, e como se pode ver a través das imaxes do satélite Copernicus, as obras xa se están achegando a Pontevea, situándose nas proximidades do futuro enlace.

Imaxe satelital das obras // Copernicus

Nesa zona, na mañá deste mércores, levouse a cabo a voadura dun desmonte, á que acudiron o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e os conselleiros de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allengue.

No tramo en construción existirán dous enlaces que permitirán ir á Estrada e a Santiago: un de nova execución e outro resultante da reforma do existente na Ramallosa.

Ademais, segundo informaron, continúase traballando no proxecto de ampliación da autovía ata O Rollo, un tramo de 4 quilómetros nos que se investirán máis de 30 millóns de euros. Esta obra, informan desde a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, reduciría o traxecto Santiago – A Estrada a 10 minutos.

Voadura nas obras da autovía // Xunta de Galicia

Comentarios

Deixar un comentario