Un vehículo saíuse da vía ás 10.45h deste mércores mentras circulaba pola EP-8401 (estrada A Portela – O Souto de Vea) ao seu paso por San Andrés de Vea nun punto no que xa se produciron, alomenos, outras 5 saídas de vía desde o mes de marzo. Ese punto é o quilómetro 1,900.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico e de Mantemento de Estradas.


Deixar un comentario