Eskravos estrea o videoclip do seu tema “Berra Amén”

Eskravos estrea o videoclip do seu tema “Berra Amén”

Eskravos publicou na tarde deste xoves o videoclip do seu tema Berra Amén, un dos máis coñecidos da banda. O vídeo foi producido por estudantes da Escola de Imaxe e Son de Vigo e foi dirixido por Martín Martínez.

Eskravos é unha banda de punk de orixe estradense e cunhas letras nas que, se algo non falta, son pelos na lingua e que aproveitan para denunciar temas da nosa sociedade.

O grupo está formado por Uxía Silva, a vocalista; Eloi Abalo, o batería; David Carballo e Noa Calvo, os guitarristas; e Candela Mayer, a baixista.


Comentarios

Deixar un comentario