Programan cortes na subministración eléctrica en varios puntos do concello

O vindeiro luns 15 levaránse a cabo traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica que poden provocar cortes na subministración eléctrica de varios puntos do concello.

Entre as 2.00 e as 3.00h da madrugada poderíanse producir nos lugares de Godoi e de Moucho, en Vinseiro; entre as 3.30 e as 4.30h, na Brea, en Guendos e no Alto da Cruz (Matalobos); e, entre as 5.00 e as 6.00h, no Soutiño (A Estrada) e en Toedo.

Comentarios

Deixar un comentario