Pilar Corredoira, Eva Gil, Arauia Al Bachere e Celia Portela, atletas do Atletismo A Estrada, proclamáronse campioas de Galicia nas remudas 4×100 no Campionato de Galicia sub20 celebrado este sábado en Santiago de Compostela.
Non foi o único metal que conseguiron pois Gil e Al Bachere fixéronse coa prata nos 100 metros valos e nos 400 metros lisos, respectivamente. Ademais, esta última tamén subiu ao podio dos 200 metros lisos para recoller o bronce.
Pola súa banda, Pilar Corredoira finalizou cuarta os 400 metros lisos e, Celia Portela, participou nas semifinais dos 100 metros.
Imaxe de portada: As atletas, no podio // Atletismo A Estrada


Deixar un comentario